As Pontes prepárase para vivir a Noite Meiga

O Concello de As Pontes prepárase xa para celebrar a sexta quinta edición da Noite Meiga, unha cita que ten como obxectivo dar a coñecer e recuperar as tradicións que acompañan a esta data tan arraigada na cultura popular galega.

Esta nova edición celebrarase o domingo 23 de xuño, a partir das 19:30 horas, no Canal IV e inclúe propostas de lecer pensadas para todos os públicos.

Entre as actividades programadas destacan as propostas para o público infantil, con teatro de proximidade, obradoiros de globofexia e de caracterización e así como un espectáculo de rúa participativo que baixo o título «Meigas de aquí e de acolá»; achegará ao público visitante as tradicións vinculadas á noite de San Xoán a través da música, do baile, de xogos e de sketchs humorísticos.

Así mesmo a partir das 22:00 horas está prevista a actuación da orquestra América de Vigo, que tras o ritual de acendido da fogueira de San Xoán, pechará a celebración da Noite Meiga. Por outra banda, como en anos anteriores, a partir das 20:30 horas dará comezo un xantar popular que, nesta ocasión contará con dous menús diferentes, por unha parte haberá un menú composto por sardiñas, pan e bebida e haberá outro menú que inclúen touciño, chourizo, pan e bebida. O prezo de ambos menús será de 6 euros.

A concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro  anima a toda a veciñanza a gozar da VI edición da Noite Meiga, “unha proposta cultural que xa é unha data de referencia dentro do calendario  estival de vila e un punto de punto de encontro da veciñanza que desexaba gozar dunha tradición moi arraigada no noso municipio e na nosa cultura».

Lea también

Ferrol formará parte del programa ‘Escena ao vivo!’ de la Deputación da Coruña

Este lunes la junta de gobierno local ha aprobado el convenio entre el Concello de …