VeraneAres Deportivo 2024 pon en marcha o seu proceso de inscricións

A área de Deportes municipal anunciou a planificación que despregará na vila de Ares neste período estival, unha estratexia de traballo denominada como VeraneAres Deportivo 2024.

Diversión e conciliación das familias volverán a ser os alicerces das propostas do Concello, que se fundamentan en catro grandes ofertas de actividades, organizando os campamentos deportivos urbáns, os xogos nas parroquias, o Xuventude Verán Activo e Móvete VeraneAres, que inclúe sesións de baile latino e zumba e contará cun proceso de reserva de prazas propio.

Para as tres primeiras programacións, a Concellaría de Deportes abrirá un proceso de inscrición previa integramente telemático a través da páxina web municipal www.concellodeares.gal. Haberá dous prazos de reserva, comezando o luns 10:

-Do 10 ao 16 de xuño, poderán facelo os empadroados/as en Ares.

-Do 17 de xuño en adiante, os non-empadroados/as en Ares.

Dependendo das actividades e o tempo que se escolla (quincena ou mensual), variará o prezo consignado. Con todo, a oferta deportiva municipal desenvolverase en tres quendas: do 1 ao 15 de xullo (1a quenda), do 16 ao 31 de xullo (2a quenda) e do 1 ao 14 de agosto (3a quenda).

A toda esta programación lúdico-deportiva haberá que engadir os restantes eventos específicos que recalarán no municipio, xa anunciados ou en camiño de materializarse: os Campus de Fútbol do Celta de Vigo e Campus de Baloncesto Chiquibasquet ou a Milla Urbana e Travesía a Nado.

Deporte e conciliación familiar camiñan da man en Ares

Dos catro grandes programas de actividades, dous deles estarán moi fundamentados na conciliación das familias ao compaxinar o traballo diario co coidado das crianzas. Promoverase así o Campamento Deportivo Urbán para os nenos de 6 a 12 anos, despregando un programa que aglutine diversión e práctica deportiva en horario de mañás, de 10:00 a 13:00 horas.

Convivencia, respecto e coñecemento da contorna natural serán eixos esenciais neste campamento, que se desenvolverá en moitas ocasións en espazos exteriores de Ares, dende parques e xardíns á praia do casco urbano.

A maiores, tamén se organizarán os xogos nas parroquias nos núcleos sociais de Cervás, Caamouco e Chanteiro, dinamizando o tecido social e procurando a interxeracionalidade. Manterán horario de 11:00 a 13:00 horas e haberá novidades na contorna de Caamouco, ao ampliar o rango de quendas a agosto tamén.

Lea también

La FIFA elige Ferrol para acoger a dos selecciones durante el Mundial 2030

La ciudad acogerá dos combinados que tendrán A Malata como centro base de entrenamiento para …