O CPI San Sadurniño acolle a mostra «Galiza, un Pobo, unha Selección»

Foto Ara Bellas
Ás portas do partido que enfrontará á Selección Galega masculina de fútbol contra Panamá, o CPI San Sadurniño acolle estes días a exposición «Galicia, un Pobo, unha Selección» promovida por Via Galega.
 
Son varios paneis que fan un percorrido pola historia do deporte galego, tratado en varios bloques temáticos: o dereito a competir; deporte base minoritario; xogos olímpicos; muller, deporte feminino e igualdade; triatlón e ironman: os homes e mulleres de ferro; a auga, fogar do deporte galego; fútbol: Galicia, potencia; equipos de primeiro nivel en todas as disciplinas e deportes tradicionais.
 
Foto Ara Bellas

Vía Galega reivindica coa mostra, e con outras accións, o dereito de Galicia a estar representada, como tal, en todas as disciplinas deportivas, a conformar seleccións galegas en todos os deportes e a participar oficialmente en competicións estatais e internacionais. Mais, tamén, que os e as nosas deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e exhibila cando soben ao podio.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …

Un comentario

  1. Los de siempre adoctrinando en los colegios.