Alugamento en Narón das instalacións deportivas para clubes e entidades

O Padroado de Deportes abre o prazo para que clubs e entidades soliciten o alugamento de instalacións deportivas municipais. O concelleiro de Deportes do Concello de Narón, Ibán Santalla, informou da apertura que terá lugar este sábado 1 de xuño, na tempada 2024/2025, adestramentos e partidos oficiais.

Pavillón polideportivo a Gándara-Narón

O edil indicou que se poderán solicitar ata o día 23 deste mes a través do Rexistro xeral do Concello, no Rexistro auxiliar de Deportes ou a través da Sede Electrónica de Narón.

Aquelas entidades e clubs deportivos interesados en utilizalas deben presentar unha solicitude por cada unha das instalacións municipais ás que desexen acudir na vindeira tempada, para poder ter acceso ás mesmas a partir de setembro, e os días de comezo poderán ser diferentes en cada unha delas en función da súa dispoñibilidade.

Os clubs e as entidades deportivas que asinan anualmente convenios de colaboración co Concello deben presentar tamén as súas solicitudes, podendo manter os horarios que empregaban na actual tempada ou modificalos.

As instalacións que se poden alugar son as do Complexo polideportivo municipal da Gándara, pavillóns das Lagoas, Campo da Serra, A Solaina, Piñeiros, Castro, Sedes O Val, pavillón da Mocidade, ximnasio do complexo polideportivo da Gándara, Estadio de Río Seco, campos de herba artificial do Val e do Cadaval, campo de fútbol de San Mateo, pistas de atletismo e outras instalacións deportivas.

Os impresos para realizar os trámites que permitan alugar as instalacións municipais poden retirarse nas oficinas do Complexo polideportivo municipal da Gándara ou a través do enlace web do Padroado de Deportes

https://deportes.naron.gal/web/cat/gal/actividades/descarga- documentacion.

Lea también

Nico Rosa, jugador más regular de O Parrulo Ferrol para el Premio Hyundai ante UD Ibiza Gasifred

O Parrulo Ferrol jugaba el pasado sábado delante de su afición en el Pabellón de …