Fene inicia os preparativos das praias para o período estival

O Concello de Fene comezou os preparativos dos areais para o período estival, coa colocación das boias que delimitan o espazo reservado para o baño nas praias de Almieiras, Coído e Río Sandeo. Un peche que suma preto dun quilómetro de costa e ofrece unha banda de até 70 metros mar adentro para que as e os bañistas poidan desfrutar destes espazos en condicións de seguridade.

O uso das zonas próximas a estes areais por embarcacións de recreo e para a práctica de actividades e deportes náuticos (como vela, canoas ou motos de auga) é ben coñecido, xa que pola súa situación e condicións de resgardo, resultan apropiados para ilo. Porén, isto implica tamén extremar as precaución para mellorar a convivencia entre estas actividades e o baño de forma segura.

A concelleira de medio ambiente, María del Carmen Martínez sinalou que, como en anos anteriores, “deixouse unha canle no extremo de Río Sandeo de uso exclusivo para o acceso de embarcacións e outros artefactos flotantes”, de forma que estes poidan entrar o saír á terra por esa zona a unha velocidade máxima de 3 nós.

Desde o Concello de Fene lembran que nesta zona de circulación non está permitido o fondeo nin tampouco o baño, aínda que non estea a ser usado por ningunha embarcación.

Limpeza dos areais

O Concello de Fene ultima tamén os preparativos para a limpeza e adecuación das praias, non só das situadas nas ría de Ares, senón tamén outras como as de San Valentín e Maniños, que nos últimos anos foron gañando recoñecemento, especialmente pola veciñanza desas zonas.

Asemade, nos próximos días levaranse a cabo tarefas de mantemento nas parcelas situadas nas inmediacións dos areais de Río Sandeo e Coído que o departamento de Urbanismo, dirixido por Manuel Polo, acondicionou para dar a cabida a uns 100 vehículos.

Lea también

Finalizan en Neda los trabajos de construcción de la nueva rotonda de Xuvia

Finalmente han concluido las obras de la rotonda de Xuvia, una intervención solicitada por el …