Apertura de solicitudes en Cabanas para os campamentos de verán

Este 3 de xuño ábrese o periodo de solicitudes de prazas para participar nos campamentos de verán do Concello de Cabanas  que, como anos anteriores, oferta 2 alternativas: o campamento urbano Cabanas Concilia e o campamento deportivo.

Ambas modalidades celebraranse durante os meses de xullo e agosto no apeadoiro do Areal e no entorno do CEIP Eladia Mariño.

O campamento urbano Cabanas Concilia está destinado a nenos en idade escolar nados desde o ano 2012 a 2020. Levaranse a cabo actividades para promover a expresión artística, ass relacións entre iguais e os hábitos saudables mediante o técncias de autocoñecemento e o xogo.

Todas as actividades terán un enfoque socioeducativo, con perspectiva de xénero e serán promotoras do bo trato. Esta actuación está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad.

No campamento deportivo, orientado a nenas e nenos a partir de 7 anos, desenvolveranse actividades para iniciarse na práctica deportiva de forma lúdica e promocionar un estilo de vida saudábel, incluíndo xogos acuáticos, baloncesto, bádminton, voleibol, hóckey, béisbol, fútbol ou balonmán.

As inscricións a estes campamentos poderán ser quincenais ou de carácter mensual, cuns prezos de 40 e 65 euros, respectivamente. Poderá solicitarse máis dunha quenda, indicando cal é a de preferencia. En principio, só se adxudicará unha quenda e no caso de que haxa interese por unha segunda quenda, poderá adxudicarse tamén no caso de que haxa dispoñibilidade de praza.

A solicitude de praza farase no Rexistro Municipal, presencial ou telemáticamente, cos seguintes prazos:

3, 4 e 5 de xuño para familias empadroadas
6 e 7 de xuño para familias non empadroadas con nenas e nenos matriculadas no CEIP Eladia Mariño
10 e 11 para familias non empadroadas.
 
Terán preferencia as unidades familiares empadroadas no Concello de Cabanas. En segundo lugar, tamén terán preferencia as unidades familiares con nenas e nenos escolarizadas no CEIP Eladia Mariño.
 
No caso de que a demanda de prazas supere á oferta, contando co anterior, terán preferencia as unidades familiares cuxas persoas proxenitoras xustifiquen debidamente a necesidade de conciliar no horario dos campamentos, e dentro deste grupo, as unidades familiares con menos ingresos económicos.
 
Para solicitar praza deberase achegar a seguinte documentación:
 
Solicitude de participación (arquivo para descarga está no pé desta nova)
Copia do DNI da persoa proxenitora.
Copia do DNI ou partida de nacemento da nena ou neno participante (ou libro de familia).
Copia da tarxeta sanitaria da nena ou neno participante.
Xustificante de matricula do CEIP Eladia Mariño en caso de non ter empadroamento no Concello.
Xustificación da necesidade de conciliación no caso de habela (Vida laboral , cabeceira de nómina, xustificantes de empresa, etc.).
 

Publicarase a lista de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, concedendo un prazo de 10 días para a presentación de reclamacións.

As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao 981 495 959, na extensión 6 ou 2 para o campamento urbano Cabanas Concilia, e na extensión 3 para o campamento

Lea también

Ares comeza co Nadal iluminando os mellores desexos da veciñanza

A concellaría de Cultura presentou un ano máis o simbólico acto que dá inicio ao …