Cedeira acolle a XX Festa do Deporte

Cedeira celebra este venres 31 a vixésima edición da súa Festa do Deporte, un evento no que este ano se queren subliñar valores como o traballo en equipo, a igualdade e o esforzo por riba das individualidades.

Segundo informou o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Xosé Antón Arribe Rodríguez, o Polideportivo Municipal acollerá a partir das 20.00h a celebración, na que o Concello vai agasallar aos 13 clubes deportivos do municipio e cada un deles, pola súa banda, entregará dous recoñecementos: un para o mellor ou a mellor deportista do ano e outro dirixido a premiar a persoas ou grupos que, ao marxe de medallas, destacan polo espíritu e os valores que infunden no equipo.

O Club Bádminton, o Cedeira S.D., Discalzas, Mergullo Cedeira, o Natación Cedeira, Remo Cedeira, Pádel Cedeira, o Club Ciclista Punta Candieira, a Street Dance, Ximnasia Cedeira, o Club Deportivo IES Punta Candieira, a asociación deportiva Apader e o Kárate Cedeira recibirán cadanseu homenaxe colectivo do Concello. Cada un na súa quenda fará entrega dos seus dous premios.

A festa desenvolverase nas instalacións do Polideportivo Municipal, un dos centros neurálxicos da intensa actividade deportiva de Cedeira, un concello que ten preto dun milleiro de persoas inscritas nas doce escolas municipais, desde natación a patinaxe, e un alto número de clubes e de licencias federativas.

Esa realidade farase patente un ano máis na Festa do Deporte, cita que adoita ter unha alta participación e que é a ocasión de homenaxear e recoñecer a rica tradición deportiva da vila, ao tempo de gabar os logros acadados tanto nas competicións como no día a día dos adestramentos.

Lea también

Morgato y Gerard Casas analizan el partido de O Parrulo Ferrol de este sábado ante Sporting La Nucía

O Parrulo Ferrol afronta su segundo partido consecutivo delante de su afición recibiendo este sábado …