A Deputación da Coruña apoia con 451.900€ a celebración grandes eventos deportivos

Fuente Deputación de A Coruña/ ezaro

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional de 19 axudas económicas a outros tantos clubs, asociacións e sociedades deportivas da provincia que levan a cabo distintos eventos deportivos de singular interese nos concellos da provincia durante o ano 2024.

As achegas provinciais, incluídas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación, supoñen investimentos global de 451.900 euros, que teñen como obxectivo “apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que  reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da nosa provincia a nivel nacional e internacional ”, segundo destacou o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro

Fuente Deputación de A Coruña
Fuente Deputación de A Coruña Rallye de Ferrol

Leira subliñou que a Deputación destina este ano 4,5 millóns de euros en diferentes liñas de axudas para impulsar o deporte coruñés, desde as categorías de base a grandes eventos coma estes.

Entre as axudas concedidas na convocatoria inclúense probas deportivas de renome como o Pantín Classic Galicia Pro, proba da World Surf League; os campionatos de Autocross de Carballo e Arteixo, puntuables para o campionato de España; o Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones da Coruña, o campionato de España de Enduro en Santiago de Compostela, a Samurai Xtreme Race do lago das Pontes,  os rallyes de Ferrol, A Coruña e Narón e Noia, Equiocio en Ferrol ou a IX Copa de España de natación en augas abertas RFEN Ézaro.

Fuente Deputación de A Coruña Cantones

As axudas, que oscilan entre os 13.500 e os 36.000 euros, poden consultarse aquí:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/05/24/2024_0000003527.html

Lea también

Apertura das inscricións para a terceira ruta SendAres 2024-2025

A concellaría de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da …