Europeas-O BNG iniciou os actos en Ferrol na Praza do Himno Galego

O BNG de Ferrol celebrou na tarde deste xoves, día 23, un pequeno acto na praza do Himno Galego de Ferrol para iniciar a campaña das eleccións Europeas nas que o BNG ten o obxectivo de garantir a presenza dos galegos e galegas nesa institución.

Ivan Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, lembrou neste acto que se e en algo temos experiencia os veciños e veciñas desta cidade é das consecuencias de escoller representantes políticos que supeditan as necesidades dos galegos e galegas aos intereses do Estado. O veto á construción naval, o illamento ferroviario, as cotas á pesca e ao leite ou o deterioro medioambiental de rías como a de Ferrol son boa proba disto.
É Por iso que resulta tan importante a presenza do BNG nesta institución.

Unha institución que se concibiu desde o seu inicio como un instrumento ao servizo do gran capital protexendo os seus intereses e fomentando a concentración do poder político e económico. Unha deriva que lonxe de mudar se acentuou ao longo dos últimos tempos.

Que diante dos problemas do día a día que a cidadanía está a sofrer produto da carestía da vida e a suba de prezos respondeu botando máis leña ao lume a través da suba dos tipos de xuros para garantir o negocio do sistema financeiro.

Que baixo unha capa de falso ambientalismo está a avalar o espolio enerxético do noso territorio e do noso mar a través de proxectos de macro parques eólicos con graves consecuencias medioambientais e económicas para o noso país destruíndo sectores produtivos como o pesqueiro.

Que nun contexto político cada vez máis convulso onde Israel está a cometer un xenocidio continuado en Palestina e Francia ou Polonia están a alentar a guerra con Rusia, a UE decidiu sumarse de maneira incondicional a estratexia belicista de Estados Unidos e incrementar o gasto militar dos Estados membros.

Unha UE que mesmo xa advirte do avance da pobreza enerxética e da pobreza en mobilidade produto destas políticas que tras investimentos millonarios en infraestruturas exclúen a cidades como Ferrol do eixo Atlántico e da Rede transeuropea de transporte.

Por todas estas razóns é tan necesario fortalecer e contar coa presenza do BNG en todas aquelas institucións en que se tomen decisións determinantes para o futuro de Ferrol e dos galegos e galegas. Unha presenza do Bng no parlamento da UE que garante a defensa dos intereses dos galegos e galegas en Bruxelas e que contribuirá a construír unha alternativa política ao actual modelo de UE.

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …