O Club Kang completa dúas importantes citas deportivas

Foto Club Kang
 
Paula Seijas, foi convocada coa selección galega cadete de taekwondo, por ser número 1 do ranking tras facer unha boa tempada e ser campiona galega en combate de taekwondo na categoría Cadete -33kg, polo que asistiu ó adestramento de tecnificación deportiva da selección galega.
 
«Ver a progresión e como traballamos, de igual a igual, logrando os nosos obxetivos, mesmos obxetivos que os grandes deportistas de clubes de referencia das nosas localidades e de toda Galicia, é un gran estímulo. Sen dubida, cada paso queda moi patente no avance dos deportistas da nosa escola» expresan dende o club Kang
 
Foto Club Kang
 
Por otra banda César Fernández asistiu e habilitouse no curso de árbitros de combate de taekwondo para formarse e titularse como árbitro rexional de taekwondo.  Sendo así o Club Kang, o clube de taekwondo e Kickboxing con maior número de técnicos, con maior grado de titulacións nas suas disciplinas nas comarcas de Ferrolterra e Betanzos.
 
Foto Club Kang
Foto Club Kang
 
Os demáis deportistas do clube continuaron realizando os adestramentos deportivos programados no venres festivo e sábado de ponte, que como di a gran Adriana Cerezo«Echamos un rato» pola maña e outro pola tarde.
 

Lea también

El BNG de Mugardos insiste en la creación de un gobierno de izquierdas y llama al PSOE a unirse al mismo

El Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Mugardos acaba de hacer pública la última propuesta que …