Fene celebra o XIV Concurso de Tapas

Celébrase entre o 24 de maio e o 2 de xuño. As persoas participantes poderán gañar unha viaxe a destinos seleccionados que inclúe billetes de avión e dúas noites de hotel

foto-cociña

O Concello de Fene, a través da concellaría de Promoción Económica e Turismo, organiza nas dúas últimas fins de semana de maio o XIV Concurso de Tapas.

Unha cita na que nove estabelecementos da hostalería local competirán por facerse con algún dos catro premios que se deciden, dous outorgados por un xurado profesional, e outros dous que dependerán das persoas que participen co seu voto ao realizar o percorrido gastronómico.

foto-bombay
foto-ccrd perlio
foto Galicuba

Na categoría de Tapa Tradicional participarán tres establecementos, O Son de Cociña coa súa proposta “O sol da cociña”, a Cafetería Bombay cos seus “Crepês de peixe e marisco” e o CCRD Perlío co “Montadiño ao tío Pepe”. Competindo na categoría de Tapa Creativa estarán Arrecendo, con “Arrecendo a mar”; Bar A Ponte con “Tres continentes”; Galicuba coa “Delicia cubana”; Cafetería Lembranza con “Ruliña!”, o CMIU de Fene coa “Bolsa de Ouro” e o Pachamama co “Tartar de Langostinos”.

foto-Pachamama
foto-cmiu2
Foto Tapa Arrecendo

Cada tapa terá un prezo de 1,50 €, e  poderanse degustar de venres á tarde a domingo ao mediodía, en horario de 20 a 22h no serán e de 13 a 15 horas no mediodía. Conforme se vaian probando os petiscos, as persoas que fagan o percorrido deberán ir selando o seu pasaporte FENERRUTA nos diferentes establecementos participantes. Un proceso imprescindíbel para poder votar para elixir a Tapa Popular Creativa e a Tapa Popular Tradicional, así como tamén para entrar no sorteo de diferentes premios.

Un xurado especializado será o encargado de probar todas as tapas do concurso para outorgar os premios da Tapa Creativa e Tapa Tradicional, valorando aspectos como os ingredientes, a elaboración, a creatividade, o sabor, a presentación e o concepto.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo de Fene, Ángeles Coira, animou á veciñanza e visitantes a “participar nun certame que pretende dinamizar o sector da hostalería, amosando a súa capacidade de innovación”. Coira lembrou que este tipo de eventos “favorece o descubrimento de novos locais e a fidelización da súa clientela” e quixo tamén agradecer a disposición dos establecementos participantes e das empresas colaboradoras que contribúen cos diferentes premios.

foto-Lembranza
foto a Ponte

Premios

Entre todas as persoas votantes que selen correctamente o Pasaporte FENERRUTA sortearase unha viaxe para dúas persoas a Milán, Sevilla, Alacante, Gran Canaria ou Valencia, cortesía de Estrella Galicia, que inclúe avión, aloxamento e seguro de viaxe. Tamén unha limpeza da tapizaría dun vehículo, cortesía de Ecolimpauto.

Ademais, entre todas as tarxetas cumprimentadas pola clientela nos propios establecementos, sortearase un obsequio (cortesía de Electro Agro Fene); tres estoxos de produtos de Bodegas Barral (cortesía de Bodegas Barral); un mes de clase en calquera modalidade na Escola de Música Bellón-Maceiras (cortesía da propia Escola) e tres libros de cociña (cortesía da Imprenta San Esteban).

En canto aos establecementos, os primeiros premios das categorías Tapa Creativa e Tapa Tradicional recibirán, ademais dos trofeos conmemorativos, un Cofre VIP “2 días románticos” (cortesía de Organiza Viajes e de Arlo Viajes, respectivamente).

No caso dos premios do público, os primeiros premios da Tapa Popular Creativa e Tapa Popular Tradicional recibirán un trofeo e un kit de empratado e decoración, cortesía de Establecimientos Aguilar. Os establecementos que queden en segundo lugar recibirán un trofeo.

Lea también

Sofocado un incendio en el Monasterio de Montefaro, en Ares, por un posible cortocircuito

(Gráficas GES)-Cerca de las doce de la mañana de este miércoles saltaron todas las alarmas …