Moeche conmemora o 17 de maio co espectáculo “Que viva o galego!”

 
Este ano o 17 de maio, Día das Letras Galegas, está dedicado a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista galega cunha obra literaria que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega nos  últimos anos do século XX.
 
Para a celebración desta data tan significativa, o Concello de Moeche ofrecerá co espectáculo “Que viva o galego!”, da man de Migallas Teatro.
 
Trátase dunha actividade interactiva na que se realizarán xogos, bailes e outras probas, co obxectivo de reunirmos pistas e irmos atopando, a través do xogo e o divertimento, vías para que o galego siga vivo como lingua da sociedade galega.
 
É un espectáculo de rúa dirixido a público familiar, que se verá mergullado nunha aventura na que deberá que superar varias probas de xeito cooperativo relacionadas coa lingua galega co fin de atopar a solución a un grave problema: o esmorecemento do galego.
 
As probas combinan o xogo físico e o xogo intelectual.
 
Terá lugar o venres 17 de maio, na Nave do Mercado, no recinto ferial de San Ramón, ás 12:00 horas, e conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Lea también

Plazas libres en Valdoviño para participar en el curso de cerámica

El Ayuntamiento de Valdoviño inauguraba en el día de ayer jueves 23 de octubre el …