O BNG de Narón leva ao pleno de maio a creación dun Centro de Información á muller.

O BNG reclama que o concello inicie os procedementos e acreditación do CIM de Narón mediante á solicitude á Xunta de Galiza para poder telo canto antes. As nacionalistas reclaman que «coa creación da Mesa interinstitucional de Xénero na localidade, a necesidade dun CIM é máis que evidente».

En decembro de 2020, o BNG de Narón presentara xunto coa Marcha Mundial de Mulleres unha moción plenaria que reclamaba un Centro de Información á Muller (CIM) en Narón. A moción nese momento foi rexeitada polo bipartito de TeGa e PSOE aludindo a alcaldesa, Marián Ferreiro, que non era necesario e que desde servizos sociais municipais xa se ofrecía un servizo transversal. Desde o BNG » lamentaron daquela que Narón fose contra todas as indicacións que especifican a necesidade de crear espazos seguros para as mulleres víctimas de violencia machista».

Agora, en maio de 2024 e unha vez aprobada a moción do BNG que foi a orixe da creación dunha Mesa Interintitucional contra a violencia de xénero en Narón e adherirse despois ao código Viogen, o BNG da localidade reclama que por fin se inicien os trámites para a constitución do CIM.

Nas mesas interintitucionais contra a violencia de xénero vén recollido que haxa unha persoa representante do CIM mais en Narón aínda non o temos porque se primou a mala xestión de obras custosas que rematan sendo un fiasco que a de conseguir avances sociais. Nós non estamos para estar cómodas e cómodos se non para que Narón sexa mellor cada día. A violencia machista é unha lacra e desde as administracións debemos poñer todos os recursos dos que dispor. O feito até agora non chega” declara Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón; “Un CIM ten que estar nun lugar céntrico e nós temos o vello centro de saúde pechado á espera de que a TeGa se lle ocorra algo que facer con el… pois aquí teñen unha posibilidade. Ademais, a súa creación xeraría recursos de carácter permanente desde os cales articular unha intervención global a mulleres de maneira individual ou colectiva desde asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional ou sociolaboral” indica Ledo.

Lea también

Curso de Manexo de móbiles intelixentes en Narón dirixido a maiores de 60 anos

O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición en Conéctate á era dixital, unha …