A Deputación da Coruña organiza o I Circuíto de Baloncesto 3×3

A área provincial de Deportes organiza a primeira edición do Circuíto de Baloncesto 3×3 Deputación da Coruña, dirixido a nenos nados entre os anos 2010 e 2015 que estean en posesión de licencia federativa durante o curso 2023 – 2024 e pertencentes a equipos de baloncesto da provincia.

Establécense un total de tres categorías Preminibasquet (nados no 2014 e 2015),   Minibasquet (nados no 2012 e 2013) e Infantil (nados no 2010 e 2011).

Cada club federado poderá inscribir a un máximo de 3 equipos na competición, dando prioridade a clubs sen ningún equipo inscrito, e cada un dos equipos estará integrado por un máximo de 4 xogadores e un mínimo de 3. Todos os equipos deberán contar cun responsable do club, con licencia federativa e maior de idade.

Ademais, está permitida a substitución de tan só un integrante por equipo ao longo do circuíto, por causa xustificada e solicitude ante a organización da Federación Galega de Baloncesto.

As inscricións dos equipos, que serán completamente de balde, deberán facerse a través da web da FGB na ligazón www.fegaba.com ata 20 días antes da celebración da proba. Os equipos poderán inscribirse para unha ou dúas das sedes da fase previa e o máximo de clubs inscritos por cada unha das categorías e sedes será de 16.

A primeira edición terá lugar no mes de xuño en tres concellos da provincia: Carballo o día 8, Ordes o 22 e Brión o 29.

Os partidos celebraranse en xornada única en horario e mañá e tarde e o lugar do evento determinarase o xoves antes de cada unha das probas en función da previsión metereolóxica.

A competición constará de dúas fases previas e unha fase final. A fase previa xogarase en formato de liga de grupos, cun máximo de 4 equipos, establecidos por sorteo puro a ida e volta.

Na fase final participarán os mellores 16 equipos de cada categoría en base aos puntos sumados nas dúas sedes da fase previa. Contará cun formato play – off, con cabezas de serie que se establecerán en función da clasificación na fase previa, e o resto de equipos por sorteo puro.

Os equipos máis destacados en cada unha da categorías serán agasallados cun trofeo, medallas e vales para intercambiar por material escolar en diferentes establecementos da provincia da Coruña.

Lea también

El Valdetires Ferrol cae por la mínima en su estreno liguero ante Estrela Cortegada

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) Duelo de altos vuelos para empezar la Segunda …