O pavillón das Lagoas acollerá este sábado en Narón a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

O Concello de Narón colabora nesta actividade, na que participarán un total de 115 deportistas procedentes dunha decena de equipos galegos.

O edil de Deportes do concello de Narón, Ibán Santalla, presentou este venres xunto con Susana Basoa, presidenta do club Gaman, e David Losada, presidente da Federación Galega de Halterofilia, a segunda edición da Xornada Liga Galega de Halterofilia, que se celebrará este sábado no pavillón das Lagoas.

A competición desenvolverase en seis quendas, que terán lugar cada dúas horas, dende as 9:00 ata as 19:00 horas e haberá tamén unha exhibición da canteira propia do club Gaman, a cargo de once menores. Representantes que participaron na Copa da Raíña, deportistas que acudirán a competir aos mundiais… estarán presentes neste evento deportivo, no que puntuarán os cinco mellores de cada equipo. No caso dos menores, fomentarase pola técnica empregada, non pola forza, tal como indicaron dende a organización.

O presidente da Federación Galega de Halterofilia destacou e agradeceu a colaboración do Concello na organización tanto desta xornada como da anterior edición e apostou pola continuidade das mesmas. Ao igual que a presidenta do club Gaman e o Concello, animou á cidadanía a acudir mañá ao evento, con entrada de balde, para seguir a competición.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …