O BNG de Ferrol esixe a convocatoria do Consello Municipal da lingua

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol solicita ao goberno local «a convocatoria de forma urxente do Consello Municipal da lingua co obxecto de avaliar o compromiso do goberno municipal coa nosa lingua e os seus reiterados incumprimentos».

María López, concelleira do BNG, reiterou esta solicitude no transcurso da comisión informativa de normalización celebrada o xoves 2 na que indicou que «despois do sucedido no concello coa pretensión por parte do goberno local de eliminar o noso idioma do ámbito administrativo cómpre que este orgao de representación faga unha reflexión seria e profunda sobre a situación do galego no noso concello».

O BNG considera que «este goberno local tense caracterizado polos incumprimentos da ordenanza municipal de normalización o que ten provocado diversas protestas nos últimos meses». Así mesmo, María López lembra que «o goberno local de Ferrol debería actuar como un elemento dinamizador da normalización lingüística no ámbito municipal, pero destaca por unha excesiva relaxación, por non falar de animadversión, por parte dos membros do goberno local à hora de velar polo cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística e a súa aplicación no conxunto de iniciativas impulsadas ou subvencionadas polo Concello de Ferrol».

Por isto é polo que o BNG considera necesario a «urxente a convocatoria do Consello Municipal da língua de cara a promover un cambio da dinámica do goberno local na promoción e uso da lingua galega»

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …