Inscripción aberta na novena ruta SendAres

A concellaría de Deportes  do Concello de Ares vén de anunciar a posta en  marcha do proceso administrativo da última ruta do SendAres, o programa municipal que aúna senderismo e exploración de patrimonio natural, na súa modalidade de inverno-primavera.

Deste xeito este martes 30 de abril, abrirase a inscrición telemática do noveno percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal) para os empadroados en Ares.

Nesta ruta guiada, os sendeiristas percorrerán un tramo (Laxe-Arou) do xa coñecido ‘Camiño dos Faros’, un itinerario que se achega a calas, praias e impresionantes paisaxes mariñas, atravesando áreas rochosas e coa posibilidade de culminar nun dos faros máis coñecidos da Costa da Morte: o Cabo Vilán.

A iniciativa desenvolverase durante a xornada do domingo 26 de maio, cunha distancia de 18 quilómetros e unha dificultade media. O prezo ascende a 30 euros e inclúe servizo de guía, seguros e transporte de ida e volta dende Ares. O autobús sairá ás 08:00 horas e chegará ao núcleo da vila ás 18:00 h., aproximadamente, dende o punto de encontro habitual: a praza da Igrexa do municipio.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición, sendo primeiro o prazo para os empadroados no municipio aresán até o 5 de maio ás 18:00 horas e, dende o 6 de maio en adiante, os non-empadroados.

Lea también

EPEF Racing Team da UDC, 3º posto na carreira de vehículos eléctricos en Cartagena

O EPEF Racing Team, integrado por alumnado de grao, de máster e de programas de …