O Club Náutico Folixa convida a nenos e maiores a iniciarse en Vilarrube no BIG SUP

No marco do programa municipal de promoción do deporte vencellado á autorización de uso das praias por parte das escolas de surf, organiza unha sesión de iniciación gratuíta o vindeiro sábado 4 de maio.

As escolas de surf continúan organizando novas actividades no marco do programa municipal de promoción do deporte en Valdoviño vencellado á autorización de uso das praias por parte do Concello. Así, o Club Náutico Folixa convidará a nenos/as e maiores a iniciarse en Vilarrube no BIG SUP. Trátase dunha práctica deportiva que precisa dunha táboa de paddle surf de grandes dimensións, que coa axuda de remos, permite desprazarse pola auga, simulando a sensación de camiñar sobre ela.

A sesión terá lugar o sábado 4 de maio, de 11 a 13 horas, con punto de quedada no aparcadoiro da praia de Vilarrube. O único requisito para participar é saber nadar, e aínda que os materiais serán proporcionados pola escola, é preciso ir equipado con bañador, toalla, camiseta, chanclas e protección solar.

Iso si, as prazas son limitadas, e a inscrición pode realizarse a través dun formulario online:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe2e_NtHKS1YoLSSCq3BQxkrjht-Y4GIqDI9o4l7FFjLfE3aA/viewform

Lea también

El jinete luso Pedro Da Silva Manso vence al desempate en el Pequeño Gran Premio de Gadis

El Pequeño Gran Premio de Gadis se va para Portugal. Pedro Da Silva Manso, a …