María Canosa comparte no PAI de Valdoviño a súa obra “Unha fábrica de bicos”

Convidada polo Concello de Valdoviño, a escritora María Canosa visitou o luns a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia PAI para compartir cos máis pequenos da casa a súa obra «Unha fábrica de bicos».

A actividade formaba parte da programación deseñada polo departamento municipal de Cultura, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para conmemorar o Día do Libro

A autora, Premio Merlín de Literatura en 2017, e moi coñecida polo gran público non só polas súas obras senón tamén pola súa participación en varios programas da Televisión de Galicia como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo», compartiu cos nenos unha sesión de contacontos ao redor de Mindi, a protagonista do seu libro, e a súa animadversión a dar bicos.

Unha sesión que os pequenos seguiron con gran atención, e na que se amosaron do máis participativos.

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …