“Os valores de casa para andar pola rede” é o tema da derradeira charla de Contando Ciencia. O ciclo que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da concellería de Ensino trae esta semana a Fene ao informático e autor de Microsiervos, Javier Pedreira, máis coñecido coma Wicho.
A conferencia terá lugar este xoves 25 de abril, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene), con entrada libre e de balde até completar o aforo.
Responsable de informática dos Museos Científicos Coruñeses e un dos creadores de Microsiervos, un dos blogs sobre ciencia e tecnoloxía máis lídos en español. É tamén coautor del libro Los nativos digitales no existen e colaborador habitual de medios de comunicación como El País, a Cadena SER, Muy Interesante e outros, así como da plataforma de divulgación científica Naukas.