Bonito-Bot do IES Perdouro de Burela gaña a III Olimpíada Robótica da EPEF

O equipo Bonito-Bot, integrado polos estudantes de 1º de BACH do IES Perdouro de Burela Hugo Gorgojo, Gabriela Chumacero, Iago Ramos, Lucas Casal, Candela Fernández e Cayetana Trelles, vén de gañar o Gran Premio Final da III Olimpíada Robótica que tivo lugar o venres 12 de abril, entre as 09:30 e as 14:00 horas, no pavillón cuberto do Centro de Educación Infantil e Primaria de Esteiro, da man da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e do Campus Industrial da Universidade da Coruña.

Ao longo de toda a mañá, o alumnado participante, máis de 100 estudantes de ESO e de Bacharelato das provincias da Coruña e de Lugo, tivo que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo.

No sigue liñas, o robot debía seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñan no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, o estudantado tivo que empregar algoritmos similares aos que empregan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.

Nesta III Olimpíada Robótica participaron un total de 26 equipos integrados por estudantes de secundaria e/ou de bacharelato do Colegio Plurilingüe Compañía de María e do IES Salvador de Madariaga da Coruña, do IES Saturnino Montojo, do Colexio Tirso de Molina e do Colexio Cristo Rey de Ferrol, do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha de Betanzos e do IES Perdouro de Burela.

Gran Premio Final da III Olimpíada Robótica

Entregou o galardón: a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas

Nome

Colexio

Bonito-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

Premios á mellor puntuación na proba do Sumo

Entregou os galardóns: o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González

Equipo

Nome

Colexio

1

Tomate

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

2

Hamburguesas Extintas

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

3

MJ63

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

Premios á mellor puntuación na proba do Sigue Liñas

Entregou os galardóns: o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás

Equipo

Nome

Colexio

1

Los evidentes

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

2

Bolita

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

3

Tomate

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

Premios á mellor puntuación na proba do Barrendero

Entregou os galardóns: o coordinador da III Olimpíada Robótica, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Juan Manuel Rivas Rodríguez

Equipo

Nome

Colexio

1

Jamón Serrano

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

2

Bonito-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

3

Los ingenieros de la fe

Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña)

Listaxe completa dos equipos participantes

Equipo

Nome

Colexio

1

RoboComp1

Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)

2

RoboComp2

Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña)

3

Falacias

IES Salvador de Madariaga (A Coruña)

4

Supermontis

IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña)

5

Saturnianas

IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña)

6

Montipython

IES Saturnino Montojo (Ferrol, A Coruña)

7

Noskponer

Colexio Tirso de Molina (Ferrol, A Coruña)

8

Los ingenieros de la fe

Colexio Cristo Rey (Ferrol, A Coruña)

9

Bolita

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

10

Tomate

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

11

RCP

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

12

111

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

13

Hamburguesas Extintas

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

14

CAM

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

15

MJ63

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

16

Jamón Serrano

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

17

Los evidentes

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen La Grande Obra de Atocha (Betanzos, A Coruña)

18

Bonito-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

19

Torques-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

20

Dalsy Laranxa

IES Perdouro (Burela, Lugo)

21

Marosa-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

22

Perdouro-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

23

Burela-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

24

Cantiño-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

26

Portelo-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

26

Reliño-Bot

IES Perdouro (Burela, Lugo)

Lea también

Los establecimientos de ocio en Ferrol, amplían horario el 24 y 31 de diciembre

El concejal de Fiestas de Ferrol, Arán López, informó en la comisión del área de …