As Pontes acometerá a renovación urbana da avenida das Campeiras

O Concello de As Pontes acometerá as obras de renovación urbana da avenida das Campeiras, un proxecto cun orzamento de 112.041,49 euros procedentes da Deputación da Coruña.

O obxectivo deste proxecto é a renovación dos servizos urbanos de saneamento e pluviais, a iluminación pública na marxe esquerda do tramo da avenida das Campeiras situado entre a intersección da rúa Covelos e o número 66 da citada avenida mentres que na marxe dereita, na que se renovaron os servizos públicos recentemente, procederase á instalación do cabreado de iluminación pública necesario.

En ambas marxes realizarase unha obra de renovación do pavimento existente mediante baldosa de formigon granallado e procederase a instalación de novas luminarias públicas e reporase o mobiliario urbano. A obra rematará co pintado da sinalización viaria necesaria.

Lea también

Informes técnicos determinan en Mugardos la tala de la palmera en la avda de Galicia

El Concello de Mugardos anuncia con pesar la inevitable tala de la palmera situada en …