O Campus Industrial de Ferrol acolle o LXX Congreso da AERRAAITI

A inauguración do LXX Congreso da Asociación Estatal de Representantes de Alumnos de Enxeñarías de Ámbito Industrial (AERRAAITI) terá lugar no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol este mércores 10 de abril, ás 17:00 horas, organizadada pola Delegación de Estudantes da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e que reunirá na cidade departamental, ata o vindeiro domingo 14 abril, a preto de 50 participantes procedentes de máis de 20 escolas de enxeñaría de toda España.

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, presidirá un acto de inauguración no que tamén participará a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons Formoso; o presidente da Asociación Estatal de Representantes de Alumnos de Enxeñarías de Ámbito Industrial (AERRAAITI), Alfonso Castro Rodríguez; o presidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Graudados e Ingenieros Técnicos Industriales de España (COGITI), José Antonio Galdón Ruíz; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González; e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás.

Ao seu remate, o presidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Graudados e Ingenieros Técnicos Industriales de España (COGITI), José Antonio Galdón Ruíz, e o presidente do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI), Jorge Cerqueiro Pequeño, impartirán unha breve conferencia na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

O programa da xornada inclúe, o xoves 11 de abril, cadansúa visita ao estaleiro de Navantia en Ferrol e en Fene así como ás instalacións do Ciclo Combinado de Endesa nas Pontes. Pola súa banda, o venres 12 de abril, ás 09:00 horas, os preto de 50 participantes do congreso achegaranse ata o Centro de Investigacións en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol onde serán recibidos polo seu director científico, Armando Yáñez, e máis polo seu director técnico, Fran González.

Ás 11:30 horas, o Salón de Actos Concepción Arenal do campus acollerá unha conferencia impartida polo director da Unidade de Enerxías Renovables de GHENOVA, Raúl Rodríguez Arias; o responsable da División Naval en Ferrol de GHENOVA, Gabriel Braña Estévez; e polo director da Cátedra GHENOVA UDC de Industria 4.0, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Luís Carral Couce.

Varios obradoiros formativos e a Asamblea Xeral da Asociación Estatal de Representantes de Alumnos de Enxeñarías de Ámbito Industrial (AERRAAITI) ocuparán boa parte da xornada tanto do venres 12 coma do sábado 13 de abril.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …