Preto de 1200 persoas acudiron ó VII Duatlón de Menores “Concello de Cedeira”

A vila de Cedeira converteuse o pasado sábado no destino dunhas 1.200 persoas procedentes de toda Galicia que acudiron ao campinato galego e sétimo Duatlón de Menores “Concello de Cedeira”.

Tanto desde o goberno local como desde o club Natación Cedeira destacan a importancia deste tipo de eventos porque impulsan o deporte, pero tamén porque son un revulsivo para a economía local e contribuen á desestacionalización do turismo.

Preto de 350 nenos de once clubes de diferentes localidades participaron nas probas que se desenvolveron na zona do paseo marítimo e a praia da Madalena nas categorías de benxamín, alevín, infantil, remudas mixtas e inclusivo. Acudiron os deportistas acompañados dos seus familiares, na maior parte dos casos para aproveitar toda a xornada en Cedeira. Ao igual que sucedeu co duatlón que se desenvolveu o pasado 17 de febreiro, a competición deportiva serviu para animar as rúas da localidade e levar xente aos negocios de hostalería e o comercio.

O club Natación Cedeira montou o circuíto contando coa colaboración de pais voluntarios e coa experiencia de anteriores ocasións, co que as probas se desenvolveron sen atrancos. A única péga foi a choiva e o vento, que impediron a montaxe do arco inchable na meta e algún outro elemento.

Segundo explicou Xan Suárez, o director o Natación Cedeira, o club está satisfeito polos resultados e polo número de nenos e nenas que están a competir nestas categorías, garantía de futuro para as superiores. A deportista Paula Castro Freire foi primeira na categoría benxamín feminina, coa tamén cedeiresa Adriana Erkens en segundo posto. Martín Otero Villadóniga quedou segundo na de infantil masculina e o club de Cedeira quedou terceiro na proba de remudas mixtas.

Tamén Irene García Nebril quedou subcampioa galega e o equipo benxamín feminino quedou en primeiro lugar e o infantil feminino en segundo posto. Dado o éxito desta e anteriores experiencias, desde o club apuntan que están evaluando a posibilidade de organizar un triatlón no vindeiro verán.

O goberno local expresou o seu agradecemento á Policía Local e ao voluntariado de Protección Civil polo seu traballo nesa xornada.

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …