Fene ultima o II concurso de banda deseñada de humor Demo Pequeno

O Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial, empresa de referencia na edición de banda deseñada e novela gráfica en galego, volven unir as súas forzas para “achegar os escolares galegos ao mundo da banda deseñada, fomentando a súa creatividade dende unha perspectiva humorística”.

Baixo esta previsa, ámbalas dúas entidades convocan o II concurso de banda deseñada de humor Demo Pequeno

O certame vai dirixido a mozos galegos de 8 a 16 anos, que poderán participar nas seguintes categorías: Infantil, para rapazada de 8 a 11 anos, ou Xuvenil, para mozos e mozas de 12 a 16 anos. 

Premios Categoría Infantil (de 8 a 11 anos)

1º Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75€ e diploma.

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 50€ e diploma.

Premios Categoría Xuvenil (de 12 a 16 anos)

1º Premio, dotado con 100 € en metálico, un lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 100€ e diploma

2º Premio, dotado cun lote de libros de banda deseñada de Demo Editorial, material de debuxo por valor de 75 € e diploma.

O prazo de presentación de orixinais finalizará na medianoite do martes 30 de abril de 2024.

Bases no seguinte enlace II Concurso de Bd de Humor Demo Pequeno

 

Lea también

A Sociedade Cultural Areosa celebra en Narón o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario

A Sociedade Cultural Areosa celebra o domingo 21 o seu tradicional Festival de Panxoliñas solidario a …