Fene avalía as obras executadas no primeiro trimestre do ano e avanza as próximas

No primeiro trimestre executáronse varias actuacións de mellora de saneamento e viais municipais con cargo a diferentes plans de financiamento. Nas próximas semanas comezarán novas obras que xa foron licitadas polo Concello de Fene.

O Concello de Fene deu conta das actuacións de mellora das infraestruturas municipais executadas durante o primeiro trimestre do ano, así como tamén da relación de obras que centrarán o groso dos traballos que a concellaría de Obras desenvolverá nas próximas semanas.

Entre as obra que xa foron concluídas atópase a ampliación da rede de saneamento e augas residuais no Feal (Magalofes), cun importe de 80.671,68 €. Así mesmo, realizáronse varias actuacións de mellora de viais municipais, como no Camiño do Redondo, onde se investiron 65.101,30 € para a mellora e adaptación do firme co obxectivo de incrementar a seguridade e a accesibilidade.

No Camiño de Mundín, ademais do aglomerado, realizouse un pequeno muro de contención e ampliouse o ancho útil do vial, cun importe total de 92.888,20 €. Os traballos realizados na Rúa do Campanario (Limodre) serviron para incrementar a sección de paso e mellorar a drenaxe por 45.501,98 €.

Na actualidade, atópase en proceso de execución as obras do Camiño do Castelo e Estrada de Laraxe, cun orzamento de 48,977,45 €. Esta actuación contempla a pavimentación de preto de 800 metros de vías municipais, ademais de traballos de mellora da redes de auga potable, rede de augas fecais, drenaxe e sinalización.

“Coas actuacións que executamos neste comezo de ano estanse a mellorar as infraestruturas existentes, e a dar solución a demandas veciñais que veñen de longo”, apuntou o concelleiro de obras, Manuel Polo. O concelleiro valorou moi positivamente “o resultado destas obras” xa concluídas e avanzou “unha importante nova remesa de obras que están para comezar”, logo das últimas licitacións levadas a cabo polo Concello de Fene.

Obras previstas para as próximas semanas

Nas próximas semanas están previstos os inicios dos traballos de varias obras que xa foron licitadas. Entre elas destaca a mellora do camiño no entorno do Campo de Fútbol de Perlío e Camiño de Loira, con cargo ao POS+2022 e cun investimento de 41.178,88 €. O aglomerado que contempla esta actuación demorouse ao detectarse a necesidade de substituír o saneamento e a traída da auga na zona de Loira polo mal estado no que se atopou. Isto levou ao Concello de Fene a investir 28.846,40 € adicionais para o acondicionamento da rede de saneamento e algo máis de 11.000 € para a actualización da traída da auga.

Outra actuación de gran relevancia é a reurbanización da rúa Antonia Montero, que permite a comunicación peonil e rodada entre a estrada AC-133 e a estación do ferrocarril de Perlío. A existencia de varias canalizacións de servizos soterrados, xunto co gran tránsito que soporta, fan que a rúa e as beirarrúas estean en mal estado.

Isto levou ao Concello de Fene a proxectar unha actuación integral, que contempla a renovación dos servizos de saneamento, o soterrado dos servizos de alumeado e rede eléctrica e a renovación dos pavimentos e beirarrúas. O investimento nestes traballos será de 178.456,43 €.

Por outra banda, no Camiño Grande – O Cotillón, A Fraga e O Sino (Limodre) empregaranse 103.144,83 € para a dotación do servizo de abastecemento municipal. Esta obra, xunto coa da rúa Antonia Montero, financiaranse con cargo ao POS+ Adicional 2/2021.

Por último, en San Valentín desenvolveranse a primeira fase da nova Área Recreativa que se dotará no entorno do paseo marítimo. Cun investimento de 50.186,29 €, esta actuación consistirá na instalación de sendas peonís, zonas de estancia, áreas de xogo infantil e de ximnasia para adultos, así como un parque canino.

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …