AGER e os concellos de Ferrol e Narón, convocan dúas xornadas de literatura na rúa os sábados 6 e 13 de abril,

Os eventos contarán coa colaboración das librarías Central Librera Real, Central Librera Dolores, Libraría Day, Libraría Paxapaxina e Libraría Albatros.

Vinte autores, dous sábados de abril, dous concellos e cinco librarías unen forzas para sacar a literatura a rúa en Ferrol e Narón nos dous primeiros sábados de abril, nun proxecto organizado e coordinado pola Asociación Galega de Escritores (AGER) que, baixo o título, “Literatura na Rúa”, propón aos lectores o achegamento a novos autores galegos.

A primeira cita terá lugar este vindeiro sábado 6 de abril, en Ferrol, entre as 10:30 e as 13:30 horas, en dúas ubicacións diferentes.

Por un lado, fronte á Central Librera Real, os autores Isabel Ramos Breijo, Rocío M. Bouzón, Teresa Cameselle, Jose Ángel Varela e Micaela Barbeito asinarán as súas obras e charlarán cos lectores. 

Doutra banda, na Central Librera Dolores, serán David Gago, Andra Micc, Óscar Vázquez Lima e María Nieto os encargados de achegar as súas obras aos asistentes.

Literatura na Rúa continuará o seu devir o sábado 13 de abril en Narón.

Nesa data, entre as 10:30 e as 13:30 horas, os autores Roberto Cagiao, Miguel Gacio, Andrea Micc e Óscar Vázquez Lima asinarán as súas obras na Libraría Day. 

Na Libraría Paxapaxina os autores asistentes serán David Gago, Clara Ventura e Arantxa Serantes, e na Libraría Albatros as sinaturas correrán a cargo de Sabela Cagiao, Antonio Tenerife, Xosé Fernández e Juan Galán.

Lea también

Se inicia una nueva temporada para el equipo inclusivo del Racing Club Ferrol

  El equipo inclusivo del Racing Club Ferrol arranca este fin de semana su concurso …