Axenda de actividades en Cabanas para os vindeiros días

Este venres 5 Ás 18.30h na Casa da Cultura do Concello (Escola Laica), o Concello de Cabanas organiza unha xornada informativa sobre o trampeo de velutinas.

Ante a chegada da primavera e a saida das raiñas da especie para comenzar a formar os seus niños primarios, resulta clave para frear a sua expansión facer un forte trampeo. Instalando un par de trampas no horto ou xardín evitarase ter un niño en 150 metros das vivendas.

Outras actividades:

Neste mes de abril participamos no Programa de Mobilidade que realizará o Centro Dramático Galego para ir á súa sede. Será o sábado 13 de abril, e sairase da Churrería ás 15.00h para parar despois en Pontedeume e Miño.

As persoas interesadas en participar poderán ver a función da nova produción do Centro Dramático Galego, “Os actos e as profecías”, dramaturxia de Xacio Baño e Tamara Canosa e dirección de Tamara Canosa. O espectáculo está recomendado para maiores de 16 anos. A hora da función será ás 18.00h, regresando ás 20.30h. Terá un custo de 3 €. Aquelas persoas interesadas deberán de poñerse en contacto con Cultura, ben de modo telefónico ou a través do correo electrócnico. Data límite 8 de abril.
 
Europe Direct A Coruña organiza o ciclo “Hello, Europe”. Dentro do cal, faranse cursos, dirixidos a persoas de entre 18 e 30 anos, que buscan complementar o desenvolvemento das súas competencias e capacidades profesionais. Os próximos cursos tratarán sobre o curriculum vitae, cartas de presentación e motivación nas candidaturas laborais e coñecementos dixitais no espazo europeo.
 
Máis información en europedirect@dacoruna.gal 
 
A organización Impulsa Igualdad, xunto co Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 realizan un curso de balde dirixido a mulleres en risco de exclusión social para formarse laboralmente. Do 8 ao 23 de abril de maneira online. Para máis información consulta en info@predifgalicia.org ou 881 87 35 07.

Lea también

Abierto el plazo para participar en la VIII Carrera escolar Concello de Neda

Ya están en marcha los preparativos para la octava edición de la Carrera Escolar de …