Narón acolle unha nova edición do Tour Galician Dance de Hip Hop

O edil de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, Jesús Marcos, presentaron o tour Galician Dance, a Liga Galega Xunta de Galicia de Hip Hop.

A convocatoria, tal e como avanzou Santalla, desenvolverase na cidade o vindeiro 14 de abril no Pazo da Cultura, sendo este ano a segunda ocasión na que se celebra en Narón, tralo éxito do evento celebrado o pasado ano.

As Federacións Española e Galega de Baile Deportivo colaboran neste evento.

A cidade acollerá, tal e como indicou Jesús Marcos, a primeira proba dun circuíto que terá continuidade no mes de maio en Mugardos e en xuño en Lugo e Marín. A Liga dará programada no Pazo dará comezo ás 15:00 horas e rematará sobre as 21:00, segundo as previsións. “O ano pasado a proba celebrada en Narón foi a que reuniu a un maior número de participantes, cuns 500 deportistas especializados en hip hop”, destacou o presidente do CBD Narón.

Santalla agradeceu o labor do club local e tamén do resto de organismos implicados en que un ano máis se poida levar a cabo na cidade, ao tempo que animou á cidadanía a acudir á convocatoria a animar aos participantes e desfrutar do hip hop.

Lea también

El Club Sportfight de Ferrol brilla en el Campeonato de España de Grappling

La expedición ferrolana regresa de Las Palmas de Gran Canaria con un botín de tres …