Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, Jesús Marcos, presentaron este mércores 27 o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de NarónO concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o Campionato Galego de Standard.

Santalla avanzou que este evento se desenvolverá o vindeiro 7 de abril no pavillón polideportivo da Gándara. “Trátase dunha das probas máis consolidadas a nivel autonómico e nacional, puntuable para o ranking nacional”, asegurou.

O trofeo disputarase en cinco modalidades: standard, latino, singles, caribeños e danza coreográfica, tal e como apuntou Marcos, que destacou a importancia da súa celebración, así como a do campionato autonómico de standard, na cidade. A convocatoria desenvolverase en horario de mañá e tarde, dende as 10:00 ata aproximadamente as 20:00 horas.

“Queremos agradecer a aposta do Concello de Narón por esta disciplina, que fai que a cidade sexa coñecida en todo o territorio estatal no ámbito do baile deportivo”, recalcou o presidente do Club de Baile Deportivo Narón.

Pola súa banda, o edil de Deportes, subliñou tamén a importancia de que a cidade acolla este vixésimo terceiro Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón. “Narón é un referente a nivel nacional e tamén internacional no baile
deportivo, unha modalidade que practican persoas de diferentes idades e na que celebramos ano tras anos os seus éxitos e logros”, recalcou.

Santalla animou á cidadanía a acudir a este evento, para animar aos deportistas locais que participarán no mesmo, aos que lles desexou moitos éxitos, e tamén ao resto de deportistas que se achegarán dende outras localidades.

Lea también

Gran fin de semana para el Club Arco Narón

Este pasado fin de semana se celebró en Ponteceso la 5ª y última jornada de …