O Club Deportivo 21 Leguas estrea nova directiva con Esther Corral á cabeza

Foto Club Deportivo 21 Leguas

O Club Deportivo 21 Leguas convocou a pasada semana a Asamblea Xeral anual para escoller nova directiva, dar rendizón de contas e falar dos novos vieiros como equipa.

A nova directiva resultante pon á cabeza a unha muller como presidenta, a única na comarca liderando un clube de trail e das moi poucas en Galicia

Saíu escollida Esther Corral unánimemente, xa que representa para todos valores como a constancia, a disciplina, o compañeirismo e a deportividade. Unha grande loitadora como xa amosou participando o ano pasado nas 21 Leguas ou no Maratón do Quiroga trail Challengue , a competencia raíña do trail galego.

Para acompañala na nova andadura como secretario Pedro Caro «Jabalí»; moi coñecido no entorno deportivo pola súa actividade como speaker, tesoreiro Mario Rouco e vogais Lucía Rivera e Diego Lorenzo.

«Comezamos esta nova tempada con moitos proxectos deportivos de cada un dos nosos deportistas en vindeiras carreiras como trail de Toxiza en Mondoñedo, trail de Pastoras en Asturias , trail de Camovi con unha equipa femenina na maratón de relevos, os 101 de Ronda, unha proba de ultrafondo clásica xa nas axendas, e a Madeira Island Ultra Trail en Madeira onde apostamos forte polo noso compañeiro Miguel Portal«.

«As compañeiras participaron o 9 de Marzo nun encontro con outras corredoras da comarca para visibilizarmos ,facer rede e a animar a máis mulleres a achegarse ao deporte de montaña», indican dende o Club

«A intención e seguir nesta liña de facer do clube non só un lugar administrativo para deportistas se non tamén un xeito de espallar os valores do deporte e da igualdade», conclue.

Lea también

El Básquet Aurum Ferrol deja huella en Finlandia tras competir en el prestigioso Torneo OTB de Savonlinna

El Básquet Aurum Ferrol ha regresado de Finlandia tras completar una destacada participación en el …