Xornada sobre seguridade viaria das persoas con mobilidade reducida organizada por ASCM

O alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, a responsable de iniciativas sociais da Oficina Española de Seguro – OFESAUTO, Laura Iborra, e a presidenta da Asociación Sociocultural ASCM Galicia, Paula Gárate, inauguran, este vernes 22 de marzo, ás 09:45 horas, na Aula 3 da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), “Muévete! Mejora de la seguridad vial para personas con movilidad reducida”

Unha xornada divulgativa que promove a Asociación Sociocultural ASCM Galicia xunto coa Oficina Española de Seguro– OFESAUTO e en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña.

As 10:15 horas terá lugar a primeira conferencia da xornada da man do xefe de sección de Seguridade Viaria da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, Rafael Araujo, quen afondará na importancia de seguridade viaria acompañado do coordinador provincial de Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico, Federico Ceniza.

De seguido, ás 11:00 horas, intervirá o xefe da Policía Local de Ferrol, José Antonio Chao, cun relatorio centrado na diversidade do movemento.

Na última conferencia da mañá, prevista para as 12:15 horas, o coordinador do Equipo de Educación Viaria de Narón, Pedro Caneiro, e o oficial de policía deste concello da comarca de Ferrolterra, José Antonio Carballido, falarán sobre a seguridade viaria e as cidades inclusivas.

Xa pola tarde, a partires das 16:30 horas, intervirán a profesora da Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol, Asunción López Arranz, e o representante da correduría de seguros Bermejo Blanco, Javier Bermejo.

A xornada “Muévete! Mejora de la seguridad vial para personas con movilidad reducida” está dirixida a toda a comunidade universitaria e público xeral interesado.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición . Máis información chamando ao 981 351 430 ou ben enviando un correo electrónico a info@ascmgalicia.org .

Inscrición – Xornada “Muévete! Mejora de la seguridad vial para personas con movilidad reducida” 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeXrF8dixOFoW_DE_V2QYOtYU0AaMSeHuJNhsf8YS1sf5qqWg/viewform

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …