A deportista nedense Ale de Paz descubrirá a placa co seu nome no pavillón municipal

O Concello de Neda programa para este venres 22 pola tarde, no marco da conmemoración do “Mes da muller”, o acto institucional no que se designará ao polideportivo de San Isidro co nome de “Pavillón municipal Ale de Paz”, como recoñecemento á traxectoria profesional da xogadora local que compite na elite do fútbol sala español.

Un acto co que se quere ademais reivindicar aos referentes femininos no eido deportivo.

A propia Ale de Paz, distinguida en sucesivas ocasións como mellor deportista local, será a encargada a partir das 18 horas de descubrir a placa que oficializará a nova denominación, aprobada por unanimidade polo Concello Pleno de Neda o pasado mes de outubro.

Será un acto sinxelo co que a administración local renderá tributo a esta xogadora da Selección Española Absoluta de Fútbol-Sala, que é todo un referente para a mocidade na localidade. A deportista conta cun palmarés de excepción, que inclúe dúas Eurocopas, dúas Supercopas de España, tres Copas da Raíña, dúas Ligas, tres Copas Xunta de Galicia.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …