A Biblioteca municipal de Narón acolle o obradoiro “Nubes, tormentas e arcos da vella”

A Biblioteca municipal de Narón acolle este sábado 23, o obradoiro infantil “Nubes, tormentas e arcos da vella”, organizado con motivo do Día Meteorolóxico Mundial.

A proposta diríxese a menores a partir de 4 anos que poderán inscribirse a partir deste martes 19 ás 16:00 horas, de maneira presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha proposta lúdica que dará comezo ás 11:00 horas e na que se explicará que é a meteoroloxía, cales son os fenómenos meteorolóxicos máis común… e tamén se abordarán temas como as causas e consecuencias do cambio climático e accións que se poden levar a cabo para tratar de frealo.

Para desenvolver este obradoiro os nenos convertiranse en “mulleres e homes do tempo”, para dar a predición meteorolóxica e tamén terán a oportunidade de facer algún experimento coas nubes e o vento.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …