Os socialistas denuncian que «o goberno do PP de maioria absoluta non foi quen de aprobar aínda un orzamento de 2024, tal e como prometera»
O grupo socialista de Ferrol a través dun comunicado expresa que «quere denunciar unha nova contradición do goberno de José Manuel Rey Varela; neste caso pola ausencia de orzamentos municipais de 2024, “cando o PP na oposición utilizou este tema unha e outra vez para desgastar ao executivo do PSOE”.
Segundo manifestou o concelleiro Rafael Fernández Beceiro, «o Partido Popular incumpre unha nova promesa, posto que non só non tivo aprobado o documento económico anual a 1 de xaneiro de 2024, senón que “estamos a metade de marzo e os orzamentos non foron nin presentados, polo que, como mínimo, de facelo agora non entrarían en vigor ata metade de ano”, expresou, subliñando que «o PP conta agora cunha mayoría absoluta que facilita a aprobación de calquer tema, incluidos os orzamentos».
“Non entendemos o retraso, e máis cando este goberno non está a negociar coa oposicion ningun tema”, asegurou Fernández Beceiro, que engadiu a este respecto que “non houbo dialogo co POS, nin coas subvencións nominativas, polo que entendemos que tampouco o proporán co orzamento”.
Así mesmo, o concelleiro socialista lembrou que o seu grupo «xa non entendeu no seu momento que o Partido Popular de Rey Varela aprobara un orzamento do 2023 para estar en vigor únicamente dous meses; un orzamento elaborado de “cara a galería” para “vender como logro dos cen primeiros días de gobernó”, pero sen “operatividade ningunha”. Ao seu xuízo, “se daquela o goberno se puxera a traballar no orzamento do 2024, hoxe estaría en vigor”.
Por tanto, dende o grupo socialista «esiximos que coa maior celeridade se achegue o borrador de orzamento de 2024, tal e como o alcalde, anterior voceiro do Partido Popular na oposición durante o mandato de Ángel Mato, se comprometera en reiteradas ocasións»