O xoves 7 de marzo o Clube Deportivo 21 Leguas xuntábase no paseo de Xubia, Narón, para dar comezo oficial a tempada 2024 coa nova equipación.
Oficial porque en realidade arrincaba o ano no Trail Terras de Burón cunha grande participación da equipa en todas as distanzas, desde o trailiño de 18km , o trail de 30km ata a maratón.
O clube participou en trails tan coñecidos como A Filloa en Zas , A Camelia ou A Cova da Bruxa e por suposto, cita inescusable estivo na festa do trail galego dous días non stop no Quiroga Challengue. Tivo representación en todas as distanzas tanto no Lor como no Castelo e moi bo resultados en podium.
En só dous anos de historia con case cincoenta corredores destaca a alta representación feminina, doce mulleres de montaña que se atreven con calquer distanza, desnivel ou dificultade técnica, entre elas moi boas corredoras de ultra fondo, maratón, longa e curta distanza que desfrutan buscando cada vez maiores retos.
Os plans futuros encaran para todos os corredores novas metas como A Toxiza en Mondoñedo, unha proba coñecida pola súa dureza, o trail de Pastoras en Asturias que promete desnivel e diversión e en Madeira Island Ultra Trail (MIUT) con paisaxes rocosos de montaña e mar espectaculares.
Na comarca tentará aportar organizando algunha proba deportiva ou trail e poñendo en releve os valores que lles levaron a xuntarse nesta aventura, pasión por correr e polo monte e crear unha comunidade unida.