A CIG-Correos de Ferrol, denuncia a falta de persoal que está a sufrir a Oficina de Correos da cidade

A consecuencia de esta falta de persoal é que actualmente hai na Oficina de Ferrol máis de 500 notificacións acumuladas e barrios que quedan todos os días sin reparto.
 
Según informa a CIG, nun comunicado de prensa a Oficina de Correos de Ferrol das 35 seccións de reparto na que se divide a cidade de Ferrol, ten 9 sin cubrir.  Hai que lembrar que «Correos, como prestador  do Servizo Postal Universal, está obrigado, segundo se establece na Lei Postal, a repartir todas as zonas, cando menos 5 días á semana, algo que Correos incumpre, sistematicamente, na cidade de Ferrol por non cubrir as prazas que se atopan vacantes, as baixas, días de asustos propios e vacacións do persoal».
 
A todo isto «hai que engadir a sobrecarga de traballo que está a sufrir o persoal, que se ve obrigado a asumir a súa zona de reparto e as zonas que se atopan sin cubrir o que se traduce en contínuas baixas do persoal debidas, principalmente a lesiones músculo esqueléiticas causadas polo exceso traballo».
 
Dende a CIG solicitan a Correos «a inmediata cobertura de todas as seccións se reparto e que cumpra coa súa obrigación como prestador do Servicio Postal Universal  de dar un servizo postal de calidade na cidade de Ferrol, garantindo o dereito ás comunicacións postais de todos os cidadáns».

Lea también

Éxito en la celebración del “Día del chocolate” en el barrio de A Magdalena

(Gráficas Galicia Ártabra)-Este viernes, 13 de septiembre, muchos ferrolanos pudieron disfrutar en el barrio de …