A Deputación da Coruña presenta, con motivo do mes da muller, unha mostra moi especial para coñecer a fondo o traballo das autoras e creadoras de toda a provincia, denominada “A volta á provincia en 52 autoras”.
A exposición, que inclúe obras de 52 autoras do territorio da provincia, estará dispoñible no vestíbulo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante os meses de marzo, abril e maio.
Ao longo do ano 2023, a Biblioteca Provincial realizou un destaque semanal dunha autora dalgún dos concellos da provincia da Coruña. Agora, tomando como base esas 52 semanas, a mostra propón un percorrido por cada un dos municipios dun xeito ameno e reivindicativo a través da obra das autoras, exemplificadas con volumes representativos do fondo bibliotecario. Para acompañar o percorrido hai un mapa virtual coas autoras propostas, xunto aos que se colocan códigos QR para complementar a información.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que a actividade, enmarcada nas actividades da institución provincial con motivo do 8M, “pretende visibilizar a contribución dalgunhas das principais autoras da provincia da Coruña á nosa literatura”.
A deputada de Igualdade, Soldedad Agra, sinalou a importancia de “dar a coñecer a obra, moitas veces silenciada, de creadoras de diferentes disciplinas artísticas”, apuntou. “Esta mostra é o exemplo do bo facer das nosas autoras, que sitúan á provincia no mapa literario pola gran calidade e talento que ofrecen”, engadiu. “É necesario, dende as institucións, darlle voz e espazo ás mulleres e ao seu traballo, non so no ámbito literario, como é o caso, senon en todos”.
Esta iniciativa nace coa idea de promover e recoñecer ás protagonistas, tentando chegar ao público da Biblioteca Provincial a través da posta en valor das súas obras.
Pódese ver o mapa virtual con todas as autoras e as súas localizacións na seguinte ligazón:
As autoras que se inclúen na exposición son as seguintes:
Abegondo |
Ana Pardo |
Ames |
Mariña Pérez Rei |
Ares |
Matilde Felpeto Lagoa |
Arteixo |
Araceli Freire Cedeira |
A Baña |
Carme Varela |
Bergondo |
Dores Tembrás |
Betanzos |
Sara Fraga Pérez |
Boimorto |
Carme López Taboada |
Boiro |
Charo Lopes |
Cee |
Concha Blanco |
Culleredo |
Pillar Pallarés |
Ferrol |
Lola Beccaria |
Fisterra |
Branca Vilela |
A Laracha |
María Rei Vilas |
Malpica |
Marta Villar |
Mazaricos |
Mª del Carmen Rey Núñez |
Melide |
Mary Quintero |
Miño |
Lúa Mosquetera |
Mugardos |
Teresa Cameselle |
Muros |
Ánxela Lema París |
Narón |
Ana Varela miño |
Neda |
Mariola Hermida |
Noia |
Ana Romaní |
Ordes |
Eli Ríos |
Oroso |
Andrea García Martínez |
Ortigueira |
Sara Vierna |
Outes |
Valentina Formoso |
Padrón |
María dos Anxos González Refoxo |
A Pobra do Caramiñal |
Ana Boullón |
Ponteceso |
Diana Varela Puñal |
Pontedeume |
Eva Veiga |
As Pontes |
Medos Romero |
Porto do Son |
Blanca-Ana Roig |
Rianxo |
Esther F. Carrodeguas |
Ribeira |
María Xesús Blanco |
Sada |
Vanesa Santiago |
Santa Comba |
Carmen Blanco Ramos |
Santiago de Compostela |
Cristina Sánchez Andrade |
Teo |
Pilar García Rego |
Valdoviño |
Rosa Aneiros |