María do Mar López, concelleira do BNG, pediu ao goberno local de Ferrol «que introduza melloras no servizo de comedores escolares e atenda a necesidade de prestar un servizo de quilómetro cero nas comidas que se ofrecen aos escolares do noso concello»
María López, interpelou no transcurso da comisión informativa de educación, ao goberno municipal, sobre «que ten pensado facer diante do escrito presentado polas familias do CEIP Cruceiro de Canido pedindo melloras no servizo de comedor»
María López lembra que «desde o BNG levamos meses preguntando ao goberno local polo estado de tramitación deste servizo e polos novos pregos. Así mesmo na comisión anterior contestousenos que ían ser presentados, pero que por cuestións legais había que facer unha modificación dos mesmos»
Desde o BNG «consideramos insatisfactoria a resposta do goberno local xa que á opinión do BNG é preciso que a nova proposta de pregos se leven tanto á comisión como ao Consello Escolar Municipal para ser debatidos e poder facer achegas por parte da comunidade escolar municipal entre as que se atopa a solicitude de que os menús se elaboren nunhas cociñas quilómetro 0 e non a máis de 40 Km como acontece na actualidade»
CEIP de Pazos
O BNG aproveitou este tema na comisión para solicitar que «en todos os comedores escolares haxa un mínimo de 2 persoas coidadoras. Isto no acontece no CEIP de Pazos co problema que xera esta situación cando un alumno de infantil precisa ir ao baño xa que este se atopa noutro edificio polo que a coidadora non pode dividirse en acompañar ao menor ou seguir no comedor»
É por estas cuestións que o BNG «solicita ao goberno local que facilite os pregos para facer as achegas que se consideren co fin de que se poidan licitar canto antes e mentres tanto que lle dea unha solución aos problemas que solicitan as familias no seu escrito así como a outras demandas de centros como o de Pazos que necesitan unha solución urxente»