A Ludoteca de Narón acolle a sesión de contacontos “Kalopsia”

A Ludoteca municipal da Solaina acollerá o vindeiro 21 de marzo un contacontos sobre o coñecemento da Unión Europea dirixido a menores de entre 6 e 12 anos.

A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que se trata dunha iniciativa promovida a través de Europe Direct A Coruña, un centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña.

“Coñece Europa con Kalopsia” é o título desta actividade, na que coalbora o Consistorio naronés e que dará comezo ás 17:00 horas e contará cun intérprete en lingua de signos. A sesión será unha narración/obradoiro para achegarse á UE dun xeito diferente, explicando aos menores dun xeito sinxelo e entretido o funcionamento e valores da UE.

O espazo encherase de títulos pertencentes á cultura dalgúns dos 27 países da Unión Europea para achegar a súa rica tradición literaria, a través de contos e libres infantís europeos. A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España.

O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece. Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas.

A narración da historia de “Kalopsia: un planeta diferente. Descubre Europa dende o espazo exterior” percorrerá diferentes concellos galegos adheridos á rede “Europa no teu Concello”.

Pódese obter máis información xeral a través da páxina desta actividade: https://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/conoce-europa-con-kalopsia-cuentacuentos/

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …