Psoe Ferrol lamenta que o goberno local non solicitase tres subvencións de eido cultural

O grupo socialista lamenta que o Concello de Ferrol «non optara até a tres axudas convocadas para a actuación no eido cultural do Concello, dúas convocadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais», «outra destinada aofinanciamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado (Orde de 22 de decembro de 2023)» e «unha terceira da Deputación de A Coruña dirixida ao financiamiento de gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura (Resolución no 3057, do 26 de xaneiro de 2024).»

A concelleira Montserrat Dopico sostén que “o orzamento perdido das devanditas subvencións, podería ter chegado até os 50.000 euros, e que si recibirán outros Concellos de nosa contorna mesmo con menor número de habitantes como Fene, Miño, Mugardos, Neda, Pontedeume, San Sadurniño ou Valdoviño, que presentaron a documentación en tempo e forma”.

“Se ben é certo que a falta de persoal é unha realidade en todos os departamentos do Concello de Ferrol e que a necesidade da revisión da RPT é unha demanda xa histórica por parte dos grupos políticos, non parece axeitado deixar pasar a oportunidade de pedir unhas subvencións que se convocan recurrentemente e, ademais, en parellas datas”, apuntou a concelleira do PSdeG-PSOE.

Polo tanto, dende o Grupo Municipal Socialista “instamos ao goberno do alcalde Rey Varela a mellorar a prestación dos servicios do día a día aos ferroláns e ás ferrolás, para non perder no futuro as achegas que, dende as diferentes administracións, supoñan unha oportunidade de ingresos para o noso Concello”.

Lea también

Valdoviño inaugura la programación cultural de julio con cine nocturno al aire libre

El público podrá asistir al pase del filme de animación “Una familia de superhéroes” a …

Un comentario

  1. ¿Cando remata o contrato do Técnico de Cultura?, ¿Está xá tramitándose un novo expediente de contratación deste posto?