O BNG de Ferrol considera preocupante «a deixadez do goberno central sobre a situación do CAMF»

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presenta unha moción pola situación do CAMP

«Desde o BNG amosamos a nosa preocupación diante das necesidades do centro unha situación agravada pola demisión do Director e por isto presentaremos unha moción no vindeiro pleno da corporación para esixir que se cubran as necesidades de persoal, dotacionais que melloren as condicións de vida dos usuarios»

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «é hora de tomarse en serio a situación deste centro dependente do Imserso. É hora xa de que o goberno central atenda as necesidades deste centro que leva anos agardando para que se desenvolvan os traballos de reforma e adecuación das súas instalacións, que levan máis de 30 anos sen unha reforma»

O BNG lembra que «no CAMF de Ferrol existe un elevado numero de vacantes no cadro de persoal que non se cobren. A esta realidade hai que sumarlle os atrancos que supuxo a entrada en vigor da última reforma laboral que supuxo que se paralizaran as contratacións temporais neste centro. Ademais o centro non esta ao 100%, manten unha planta pechada e estánse derivando usuarios a outros centros»

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «o servizo que se presta no CAMF debe ser considerado un servizo prioritario que debe prestar un servizo adecuado e de calidade polas características das funcións que presta e pide unha solución urxente para o mesmo»

Lea también

Agenda zona norte-1 de mayo 2024

—-Quedan 244 días para finalizar el año. Día Internacional de los Trabajadores: conmemoración del origen …