Ares homenaxea a Rosalía de Castro baixo o ritmo do ukelele

A biblioteca municipal de Ares acolle este mércores 21, ás 18:00 horas o evento organizado pola concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, para celebrar o Día de Rosalía 2024.

Ata alí se achegará Antón Ke co seu ukelele para interpretar versos musicados de Cantares Galegos, facendo que a música lle dea nova vida a esta obra fundamental no desenvolvemento da cultura galega.

Esta efeméride rosaliana prodúcese cada 23 de febreiro, ao ser o día de nacemento da poeta, despois de múltiples investigacións para esclarecer a xornada exacta na que chegou ao mundo Rosalía de Castro.

A celebración serve en última instancia para rendir homenaxe a unha figura central na configuración identitaria de Galicia, unha Rosalía universal e sempre presente a través da súa poesía e prosa.

Lea también

Un audiovisual sobre Mary Quintero, fotógrafa pioneira en Galicia, abre o programa de cinema documental de Neda

Neda estrea este venres, a partir das 20:30 horas, un ciclo municipal de cinema documental, …