O Ateneo Ferrolán proxecta un ciclo de cine Sidney Pollack

Sidney Pollack (1934 – 2008) nado en Indiana (EEUU), 0 gañador de dous Oscars (Memorias de África), Sidney Pollack, alcanzou a fama nos anos 70 e 80 con filmes como Tal como éramos e Memorias de África.

Comezou como actor, despois como director e, na súa última etapa, como produtor. Sen embargo, a carreira de Sidney Pollack, será lembrada polo súa faceta detras das cámaras. Máis de 40 películas nas que dirixiu aos grandes actores e actrices da época.

A continuación se enumeran as películas que se van a emitir

Data: Martes día 20 de febreiro ás 19 h. Título: -Las aventura de Jeremiah Johnson- (1972). Duración: 107 minutos. Reparto: Robert Redford, Will Geer, Delle Bolton, Josh Albee, Joaquín Martínez, Allyn Ann McLerie.

Sinopse: Durante a guerra de Intervención estadounidense en México (1846-1848), o soldado Jeremiah Johnson refúxiase nas Montañas Rocosas co propósito de abandoar a vida nas cidades. Emprende, deste xeito, unha vida solitaria na natureza.

Data: Martes día 27 de febreiro ás 19 h. Título: -El jinete eléctrico- (1979). Duración: 120 minutos. Reparto: Robert Redford, Jane Fonda, Valerie Perrine, John Saxon, Willie Nelson.

Sinopse: Sonny Steele, un vaqueiro campión do mundo de rodeo, é contratado por unha axencia de publicidade. Inexplicablemente, fuxe cun cabalo dun millón de dólares polo deserto. A reporteira Hallie Martin o segue en busca da exclusiva.

Data: Martes día 12 de marzo ás 19 h. Título: -Tootsie- (1982). Duración: 116 minutos. Reparto: Dustin Hoffman, Jessica Lange, Teri Garr, Dabney Coleman, Charles Durning, Bill Murray, Sydney Pollack, George Gaynes, Geena Davis, Doris Belack, Lynne Thigpen.

Sinopse: Michael Dorsey é un coñecido actor que se queda sen traballo motivado polo seu problemático carácter. Axudado por un amigo, decide disfrazarse de muller. Ante o éxito, ten que decidir se seguir sendo Dorothy o volver a ser Michael.

Lea también

Los mejores magos del mundo llegan a Ferrol de la mano de «Galicia Ilusiona»

El concejal de Fiestas y Marca Ferrol, Arán López, participó en la presentación de la …