O Concello de Cedeira denuncia cortes de telefonía no rural

O Concello de Cedeira denuncia o procedemento que está a seguir a empresa responsable do despregamento da fibra óptica por diferentes núcleos rurais do municipio.

Segundo teñen denunciado xa varios veciños, o que están a facer é cortar a conexión de cobre que chega aos fogares, deixándoos sen telefonía fixa en zonas de escasa ou nula cobertura, cando todavía non teñen a fibra instalada.

Así, hai casas que levan máis de quince días sen teléfono, con persoas maiores que quedan aisladas e sen poder recibir, por exemplo, a chamada do seu médico.

Desde a Concellería de Medio Rural instouse a todos os veciños que estean nesta situación a comunicalo ao Concello, para desde alí facer as oportunas reclamacións á compañía.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …