Psoe Ferrol reclama melloras nos accesos á estación de autobuses

O grupo municipal socialista solicita protección para os peóns que circulan pola rúa Instituto para acceder á estación de autobuses, xa que, como denunciou o concelleiro Germán Costoya, a día de hoxe, as persoas usuarias da estación de autobuses teñen que incorporarse á rúa Instituto sen ningún tipo de protección, nin beirarrúas, nin paso de peóns.

«O tramo que vai a carón da estación de autobuses, na rúa Instituto, dende a avenida Compostela ata o cruce coa rúa Miguel de Cervantes, carece duns 75 metros de beirarrúa e, ademais, non existe un paso de peóns para poder cruzar a rúa Instituto fronte a escaleira que dá acceso á estación de autobuses», explicou o edil socialista.

Como apuntou, trátase dunha actuación sinxela, de doada tramitación e execución, pero que «servirá para protexer aos peóns neste percorrido que é moi frecuentado». «Facemos propostas en positivo», sentenciou, ao tempo que tamén plantexou a necesidade de ampliar o alumeado recentemente instalado no aparcadoiro da estación a toda a zona de acceso, que carece dos puntos de luz necesarios.

Como destacou Costoya, «o goberno municipal de Rey Varela xa nos ten demostrado que os vehículos teñen para eles máis prioridade que os peóns, pero agardamos que neste ocasión a proposta do grupo municipal socialista sexa considerada á maior brevidade posible».

«Os socialistas seguiremos velando polos peóns, porque para nós si que son absolutamente prioritarios», reiterou.

RÁDAR A MALATA

Por outra banda, e unha vez que se ten constancia do cambio de ubicación do rádar da Malata, o grupo do PSOE do Concello criticou esta medida levada a cabo polo goberno de Rey Varela, lembrando que cando se colocou no punto no que estivo instalado durante estes anos respostou á alta siniestralidade na zona e dando resposta a un informe realizado a este respecto pola Policía Local de Ferrol.

Neste informe facíase constancia de que nos dous anos anteriores á súa instalación producíronse un total de 35 accidentes nese ámbito, que implicaron a 41 vehículos con 20 persoas feridas de diferente consideración.

Dende a súa instalación, en xullo de 2019, ata o día de hoxe non se produciu nin un so accidente. Por tanto, como subliñou o concelleiro Germán Costoya, non hai dúbida ningunha da eficacia desta medida adoptada.

«A decisión do goberno do Partido Popular de mudar o dispositivo parécenos totalmente imprudente e temeraria», dixo o edil socialista.

Lea también

Aneiros anima a descargar el Bono Activa Comercio con descuentos en los negocios de proximidad

La delegada territorial de la Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitó este martes él establecimiento …