A Policía Local de As Pontes conta cos dous novos membros

Este martes 30 ás 10 da mañá, nun acto celebrado no salón de plenos municipal, tomaban posesión do seu posto os dous novos membros do corpo de policía local do Concello de As Pontes.

Tras superar o proceso de selección convocado en febreiro do 2023, os dous aspirantes acadaban a máxima puntuación. O primeiro deles incorpórase ao plantel da policía local como funcionario de carreira, mentres que o outro faino como funcionario en prácticas.

O Concelleiro-Delegado da área de xestión económica e primeiro tenente de alcalde, Antonio Alonso, presidía o acto e indicaba que ademais destes dous novos membros da policía local, “o Concello atópase actualmente nun proceso de incorporación de novo persoal que vai ocupar diversos postos dentro da administración local.”

Paralelamente a estas incorporacións, actualmente o Concello das Pontes iniciou unha fase de consolidación de case sesenta empregados. En canto a unha nova oferta de emprego público, no caso da policía local hai previsión de convocar outras tres prazas ao longo deste ano, segundo anunciou Antonio Alonso.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …