O campionato máis importante do calendario da pista cuberta galego chega este sábado 27 a Expourense.
A disputa do autómico absoluto, xuntará na pista sintética de Expourense a preto de catrocentos atletas na procura das medallas deste certame que se achega a súa trixésimo novena edición.
A priori as datas e o avanzado do calendario favorecerán poder presenciar importantes e igualadas disputas, todas as cales poderán ser seguidas a través da canle de streaming da FGA
A igualdade e a gran disputa será a tónica do campionato
Nas probas de velocidade Adrián Pérez nos 60 m. parte como favorito sobre unha distancia na que se presenta como único atleta en baixar este ano dos sete segundos. Bastante máis axustada estará a categoría feminina entre Cristina Garrido da Gimnástica e Antía Pernas do Lucus separadas ambas por apenas tres centésimas.
Outra das probas que contan con moita igualdade será a dos 200 masculinos na que os célticos Ricardo Cortizo e Jorge Román acreditan este ano as mellores marcas, ainda que Triana, Soler, Rodríguez e Lires terán moito que decir nesta interesantísima carreira. En mulleres a ex- céltica Andrea Pais, este ano no Atletismo Alcorcón, parte como favorita sobre unha distancia que domina claramente con 25.14.
Nos catrocentos Alicia Barreiro do RIA figura como clara aspirante, estando a categoría masculina algo máis axustada entre o vixente campión galego Jacobo Soler do Grupompleo Pamplona con mellor marca, e Jorge Román do Celta e Alexis Miguéns da Gimnástica que estarán na disputa polo título.
No medio fondo e fondo María Carballido do G. Pamplona e o internacional Elian Numa López do Playas Castellón aspiran de maneira clara ao campionato na proba dos 800 m. ao igual que Eva Piñel do Celta Atletismo nos 1.500 m. En homes Jorge Puig, ca mellor marca dos participantes, terá en Elian Numa e Pablo Bocelo da Gimnástica a serios rivais.
Xa sobre a especialidade dos valos, a participación da campioa galega Claudio Rojo do Piélagos en excelente estado de forma dará a priori poucas opcións ao resto das súas riváis. Algo máis aberta estará a carreira masculina na que un Hugo Vázquez do Marineda con mellor rexistro sobre o sintético, terá en Santiago Trastoy do Lucus a un serio rival ao título.
No apartado de concursos o internacional en combinadas do Celta Adolfo Sainz-Maza aspira á estar no máis alto do caixón no concurso de altura xunto a atleta de Xuncas Diversia, e campioa galega de combinadas Sub23 fai unha semana, Andrea Reija en mulleres.
En pértega femenina Manuela Blanco do Ourense Atletismo, que ben de batir o récord Sub20 e Sub23, preséntase como clara favorita ao título galego estando a categoría masculina algo máis axustada entre Tomás Lopez do Atletismo Sada e Luis Fernando Moro do Atletismo Narón.
No foso de lonxitude novo e interesante enfrontamento entre o campión galego Raúl Cortizo e Sergio Coello, ambos da Gimnástica, distanciados tan só este ano por dous centímetros. Algo máis despexado terano a tamén campioa galega 2023 Andrea Villaverde, quen lidera o ranking con 5.60 m. Xa no concurso de triplo tanto a saltadora internacional do Ría Ferrol Diauo Diallo como Alexandre Barreiro do Lucus encabezan claramente o ranking desta modalidade no presente ano.
Por último no concurso de lanzamento de peso, a tamén internacional Xiana Lago do Ría Ferrol, intentará revalidar o seu título absoluto aspirando ao mesmo metal Miguel Angel Granado do Celta quen se achega ca mellor marca nun concurso no que novamente Victor Gallego da Gimnástica, estará na disputa polo título.