Valdoviño activa un portal web dirixido á mocidade

Rapaces de Valdoviño teñen á súa disposición unha nova páxina web con contidos de interese centrados no ámbito da saúde, ocio, cultura e lingua: infomozavaldovino.gal.

Un portal promovido polo Concello a través das concellerías de Igualdade e de Cultura co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Cun deseño fresco e unha navegación intuitiva, a páxina estrutúrase en 3 grandes apartados: Corpo e saúde; Cultura a carón do mar, e Experimenta coa lingua.

A primera sección ofrece contidos de interese sobre afectividade e sexualidade; sentimentos e emocións; prevención de drogas; exercicio físico e coidados do corpo, ou alimentación. Cultura a carón do mar recolle toda a información cultural local e aquelas novidades do portal de Xuventude, así como os boletíns de Europa no teu Concello coas oportunidades que ofrece a nivel académico e laboral para a mocidade, e amplos contidos sobre a Rede de Bibliotecas de Galicia, como novidades e recomendacións de títulos.

Por último, Experimenta coa lingua propón un percorrido polas apostas máis actuais e atractivas sobre a dinamización do galego, con recursos, retos e concursos ou unha estensa lista de suxestións de música en galego de todos os xéneros e estilos.

Moito contido audiovisual, especialmente vídeos e enlaces, así como documentos e mesmo material elaborado polos propios mozos e mozas do CPI Atios no marco de diferentes programas conforman o grosso dos contidos da nova páxina, que se irá actualizando periodicamente

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …