FeC bota en falta en Ferrol unha programación de Nadal para a mocidade

Ferrol en Común a través dun comunicado expresa que «celebran a continuidade dos campamentos de nadal para nenos e tamén a xogoteca que se levará a cabo durante o período de vacacións, pero sen embargo, temos que afearlle ao goberno local a nula programación para a mocidade da nosa cidade, un rango de idade que queda totalmente desatendido»

«Existe un área de goberno de xuventude, dotada de investimento e dun espazo propio a través da cal pódense organizar actividades, talleres ou calquera acción dirixida a un amplo colectivo que ten unha morea de necesidades e inquietudes, sendo esta época de nadal onde os mozos gozan dun tempo de vacacións, unha ocasión perfecta para desenvolver un programa neste eido. Pese a isto, a area de xuventude atópase paralizada»

«É necesario que o goberno municipal entenda que a mocidade é vital para o futuro deste concello e comece a planear e organizar un espazo para a xuventude e unha serie de programacións sostidas no tempo e atractivas para que a xente nova constrúa o seu futuro na nosa cidade» conclúen

Lea también

El PSOE de Ferrol pregunta al alcalde si se contrató dos veces la reparación de una de las fachadas en Recimil

El apartado de contratos menores de la página web de transparencia del Concello de Ferrol …